A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Category Archives: Noticias
Adentrándonos na orixe da educación
Quizáis esteamos a falar dun título moi ambicioso. Por una banda, a educación á que nos referimos é somentes aquela de tipo académico; e a orixe debería máis ben de ser sustituída polas últimas etapas. En todo caso, o certo é que os alumnos de 1º e 2º da ESO do noso Seminario tiveron este mércores a oportunidade de adentrarse neste tema percorrendo as diversas salas que compoñen o Museo Pedagóxico de Galicia.
Acompañados por D. Manuel Mata, Dª. Yolanda e Dª. Begoña, coñeceron de primeira man como foi evolucionando a educación na escola ao longo do século XX. Dende as escolas unitarias que todavía perviven nalgúns lugares da nosa terra, á escola actual, pasando polos anos da República ou da Posguerra, coas distintas leis de educación, os xogos tradicionais e os máis modernos, o material escolar, etc.
Na galería de imaxes poderás atopar diversas instantáneas desta visita.
Os alumnos de 2º Bach. coñecen o patrimonio da USC
Os cursos van pasando case sen darnos en conta e, en menos dun ano, moitos dos alumnos que chegaban a esta casa sendo uns rapaces pequenos darán o paso aos estudos universitarios. Tendo isto presente, e aproveitándoo como una actividade máis a hora de coñecer a nosa Historia e maila nosa Arte, os alumnos de 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer o valor patrimonial da Universidade da Santiago de Compostela.
Neste roteiro, no que estiveron acompañados por D. José Luis e Dª. Yolanda, achegáronse ata o Pazo de San Xerome e o seu Salón Nobre, a Biblioteca Xeral de Fonseca, a Biblioteca América e mailo Paraninfo da Universidade sito na Facultade de Xeografía e Historia. Tamén houbo tempo para percorrer as cubertas dalgúns dos edificios máis significativos da Universidade e contemplar as súas vistas.
Na sección de fotos, coma sempre, tes una ampla colección das imaxes deste día.