Category Archives: Noticias
Bieito, no nome dos compañeiros, da as grazas ao Seminario.
Querido Señor Reitor, querido titor e formadores…
Non sabía que adxetivo poñerlle aos profesores, e soamente encontrei un adecuado: incribles profesores… e benqueridos compañeiros.
Perdoade por roubarvos o voso tempo pero, bueno, hoxe é o noso dia. Permitídeme tamén que me emocione… Perdoádeme bos amigos de 2 de Bach. que esta última despedida a persoalizara algo…
A min pásame algo parecido a D. Jesús: Cando hai un discurso público, non sei que escribir… Debo de estares a perde-lo pelo.
Hoxe é un día feliz para o Seminario: por fin se libran de nós. Os titores e profesores durmirán, por fin, sen ese gran no cu que tanto lles molestaba… Pero cando se senten a pensar verán no fondo, no moi fondo, que sen nós, nada sería igual.
Fomos moi parvos de non aproveitar todo o que se nos ensinou. Non sei se se nos recordará nuns anos, pero o que si sei e que nos non nos esqueceremos.
Perdón por non escoitar, perdón por non aprender e grazas polo que se nos dou.
É incrible que, cando miramos cara atrás, soamente vemos bos recordos; incluso aquelas clases tan lonxevas de D. José Manuel Regueiro na que che daba tempo de facer outra asignatura, estudar para o exame de despois; dábache tempo a atender as súas explicacións e, o mais increíble, aínda che daba tempo a durmir. Ese mundo perfecto para D. Tino. Esas explicacións de D. Manuel Mata… Ata as incomprendidas clases de Dona María… Como as clases de matemáticas se facían mais levadeiras con Dona Rosalía. Aquel “oye que algunos no somos de aquí, que somos de fuera, eh” de Míster John. Un grito que dicía “oye fumetas… ¿a que huele aquí? coño” de D. Rodrigo. A sabedoría de D. Fernando… Ese fervor pola Compañía de María de D. Jose Luís… Esa constante excusa que poñiamos para visitar a esa muller que sempre nos atendeu sen ter por qué… Gracias Dona Yolanda. Esa incertidume en que nos deixa D. Jose Piso o chiscarche un ollo… E cómo non olvidarse dese señor que é como un avó para nós e que, sabendo todo, nunca nos dixo nada… A vostede, grazas, D. Manuel. E, como non, coñecer á familia Campaña, que, inda que non estean todos en persoa, sempre estarán connosco. Se me falta algún, tamén vós nos fixestes mellorar: cada bronca agora xa non é nada, solo consellos que non soubemos valorar. De todo iso, soamente quedan bos recordos… Saber que, despois de tantos anos xuntos, non vos cambiaría nunca… Mellor malo coñecido, que bo por coñecer.
Aos titores non os quería mencionar por medo a que me poñan a cortar setos ou me manden para a biblioteca… que sempre hai algo que estudar. D. Santiago, non se esqueza de que, para moitos de nós, tamén foi o noso titor. D. Daniel, vostede siga cantando que nós seguiremos bailando…
Non pensen que agora vou parar: É o noso día e haino que aproveitar.
A vós, queridos amigos, dicirvos: Agora somos grandes, case homes; démoslle a este mundo o que nos demos entre nós: felicidade (aínda que non en tódolos casos) e ese pedirlles perdón.
Mirando atrás, recordamos coma un rapaz de cen quilos e de metro cincuenta agora segue pesando cen quilos, pero mellor repartidos; chamase Martín Mosquera. Esa moda de Santamaría que parece Historia da Arte… Agora debe de estar na época moderna… Esa ideoloxía de Pedro tan pouco escoitada e a que solo se lle notaba a cor. Ver como Juanma creceu… Cando chegou aquí estaba recen saído do ovo… Esa transparencia de Daniel cara as súas respostas. Ese sorriso de Duarte, que nunca sabes se che está seducindo. O silencio eterno de Muñiz. Cómo Juan Rivas, cada mes, foise facendo un home. Cómo Brais che explica o que é un asterisco nun libro de mil páxinas. Como incluso Josevi nos pode sorprender tocando o piano en modo metralleta. Cando Paco Pepe chegou, e parecía que era normal. Agora démonos conta que é especial. Ese éxtases de Lariño pola vida. Esa atracción de Piru que lle producen as mulleres. Esa incertidume de se Quintela chegará ou non. Incluso eses de Santa Comba, Mavi e Sergi, vindo nese cochasos. Vós tamén sodes da familia.
E nunca nos esqueceremos dos que marcharon xa, pois sen eles non seriamos o que somos.
Dicirvos, con bo corazón: Non vaimos polo mundo ocultando o que somos ¡¡¡Quen lle dera a moitos estar no Seminario!!! Porque, aínda que o ocultedes, sabédelo ben, isto foi parte da nosa vida. Como dicía aquel: Que me quiten o bailao.
Non sei se vos dixen algo interesante ou non. Pero sí vos digo que vos paredes a pensar, como fixen eu grazas a unha persoa desta casa. Díxome: Bieito; a maxia non existe. E eu contéstolle a este benquerido amigo meu:
Acaso non é maxia que vos xuntedes para despedirnos? Que solo demos desgustos. Acaso non é maxia que un da Coruña se leve ben cun de Forcarei? Acaso non é maxia que, despois de seis, ou un ano de tantas e tantas veces que desexamos escapar, hoxe marchemos de aquí con bágoas nos ollos, e non precisamente de alegría? Acaso non é maxia que unhas persoas que non se deberían de coñecer, hoxe marchamos sendo case unha familia? Non é maxia todo o que o Seminario e persoas que hai nel fixo por nós?…
Podería seguir toda a maña pero non quero roubarvos mais tempo. Así que remato cunha frase celebre: Non vos direi que non choredes, porque non tódalas bágoas son amargas.
Palabras de Dª. Begoña, madriña da promoción 2014-2015
Sr. Reitor, profesores, nais, pais, familiares, permitídeme que me dirixa aos verdadeiros protagonistas do día, os alumnos de 2º bacharelato.
Vaia por diante que me sinto moi honrada de ser a vosa madriña neste acto pero tamén debo dicir que considero que outros profesores o terían máis merecido ca min xa que vos acompañaron durante moito máis tempo no voso proceso educativo.
Deixádeme que por un momento e, como vulgarmente se di, arrime “a ascua á miña sardiña”. Non podo esquecer que eu estou aquí, desgraciadamente, como substituta do voso profe titular, o meu irmán Xan Campaña, que é un deses profesores dos que antes vos falaba.
Ao longo deste curso fun observando a vosa evolución e experimentei distintos sentimentos: tenrura, comprensión, estupor e tamén cabreo, moito cabreo. Cabreo porque sei do voso potencial e por iso resulta frustrante ver que algúns de vós non o aproveitades. E nisto creo que coincidimos todos os profesores. Enfádanos ver que rapaces que teñen todo na súa man desaproveitan as oportunidades que aquí se lles brindan, a magnífica ocasión de formarse que outros rapaces da vosa idade non teñen. Seguramente precisaredes tempo, tomar perspectiva, pero estou segura de que acabaredes lembrando con cariño esta etapa da vosa vida e os consellos recibidos. Adoita pasar.
E que máis dicirvos, non son dada aos consellos, eu tamén aí ando, a pesar dos anos, pelexando coa vida como podo. Como moito podo transmitirvos o que a min me axuda. Agora que cada vez estamos máis deshumanizados, que a economía o asfixia todo, agora que o tempo só se conta por horas produtivas, que é máis fácil escribir un wasap que mirarnos aos ollos e falar. Agora máis que nunca precisamos da beleza. Da beleza da música, da literatura, da arte… pero non só: hai moita beleza nun sorriso de solidariedade, no traballo ben feito, nun si comprometido, e tamén nun non a tempo.
En fin, pouco máis. Moita sorte e que vos vaia bonito.


