logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2026-27.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Axenda Escolar 2026/27
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca

Category Archives: Noticias

Participamos en “EDUCAORIENTA” de Escolas Católicas.

Publicada en 28 de abril de 2025 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Un dos piares que sustenta a educación personalizada que caracteriza os nosos colexios, e un dos máis recoñecidos polas familias que escollen o noso modelo educativo, é a orientación. É por iso polo que, este finde semana o departamento de orientación participou na  convocatoria de Escolas Católicas ” EDUCAORIENTACIÓN”. Un encontro onde, ademais de contidos teóricos prácticos impartidos por persoas de referencia no ámbito da atención á diversidade, serviunos para continuar tecendo rede entre os orientadores/as de Escolas Católicas.

Agradecemos todo o aprendido ás nosas  formadoras:

Julia García, directora e fundadora do Centro de Estimulación Julia García especializado nos trastornos do neurodesenvolvemento. Este centro ten como obxectivo fundamental mellorar a calidade de vida, proporcionándolles ferramentas para que poidan comunicarse, aprender e desenvolverse da forma máis adaptativa e eficaz na súa contorna.

Ana Murcia é unha pedagoga con longa experiencia no eido da orientación.  Forma parte do Equipo de orientación educativa de Grao en Asturias. O seu traballo céntrase na identificación de barreiras e no deseño de actuacións que fagan posible avanzar cara a unha escola sen procesos de exclusión, tamén na era da IA.

Marlene Horna. Psicóloga que, desde hai máis de dúas décadas, traballa apoiando persoas do espectro autista e as súas familias. Muller de referencia neste ámbito é, ademais, consultora e formadora en centros educativos, asociacións e institucións.

Yolanda Gómez.

« ‹ de 3 › »

Quixoteando por Belvís.

Publicada en 24 de abril de 2025 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

“Leer es comprender. El acto de leer es entendimiento. Leer y comprender es vivir”.
Álvaro Pombo
Premio Cervantes 2024

Nun lugar moi querido, cuxo nome non necesito citar e moito menos quero esquecer, tomou hoxe vida Don Quixote, que se botou aos camiños para auxiliar aos necesitados e socorrer aos aflixidos; con el ía o seu leal escudeiro Sancho, amigo fiel, e non faltaron tampouco o barbeiro, o cura, a ama, o mesoneiro, os arrieiros, os descomunais xigantes, as doncelas e a sen par Dulcinea, flor da fermosura. Coma se fose por intervención do mago Frestón, desfilaron todos na aula de lectura por boca duns lectores, pequenos e grandes, entusiasmados coas aventuras de tan valoroso cabaleiro andante.
Ben que rimos coas súas tolemias!
E segundo Don Quixote ía “enderezando tuertos” dabámosmos conta, case sen querelo, de que ler é comprender o mundo e entender a vida, que cos libros podemos converter a vida en soños e os soños en vida, e que nestes artefactos marabillosos compostos de páxinas encadernadas, na literatura, sempre atoparemos unha guía para orientarnos no labirinto da existencia.
Lendo, soñando, pensando entenderemos mellor a nosa condición perecedoira e aguantaremos con máis firmeza as pasadas da escoba do tempo, que a todos nos ha de varrer. Non sei se a lectura nos vai facer mellores, pero é seguro que nos fará menos estúpidos.

José Manuel López Regueiro

Crónica do Día do Libro no Seminario Menor

Publicada en 24 de abril de 2025 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Este mércores celebramos con moita ilusión o Día Internacional do Libro no Colexio Seminario Menor, cunha actividade moi especial que reuniu a toda a nosa comunidade educativa e á de Casa do Neno: unha lectura pública do Quixote, na que participaron os alumnos e alumnas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.

A aula de lectura converteuse nun espazo compartido de cultura e palabras, onde don Quixote e Sancho Panza cobraron vida grazas ás voces de nenos, mozos e mozas, profesores e persoal non docente que, por uns minutos, fixéronse viaxeiros da literatura. Foi un momento para celebrar xuntos a paixón polos libros, o poder das historias e a maxia de ler en compañía.

Pero non quedou aí a cousa. Durante a xornada, tamén recomendamos o chat “Xente Lendo”, unha iniciativa que anima a compartir lecturas, opinións e descubrimentos literarios. E para seguir cultivando ese amor polos libros, repartimos o noso Pasaporte Lector, unha ferramenta divertida para animar ao alumnado a seguir lendo durante todo o ano.

Unha celebración chea de letras, risos e moita participación que demostra que a lectura segue moi viva entre nós. Porque como dicía Cervantes: “El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho.”

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • Atras
  • 1
  • …
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • …
  • 394
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR