Este mércores celebramos con moita ilusión o Día Internacional do Libro no Colexio Seminario Menor, cunha actividade moi especial que reuniu a toda a nosa comunidade educativa e á de Casa do Neno: unha lectura pública do Quixote, na que participaron os alumnos e alumnas de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
A aula de lectura converteuse nun espazo compartido de cultura e palabras, onde don Quixote e Sancho Panza cobraron vida grazas ás voces de nenos, mozos e mozas, profesores e persoal non docente que, por uns minutos, fixéronse viaxeiros da literatura. Foi un momento para celebrar xuntos a paixón polos libros, o poder das historias e a maxia de ler en compañía.
Pero non quedou aí a cousa. Durante a xornada, tamén recomendamos o chat “Xente Lendo”, unha iniciativa que anima a compartir lecturas, opinións e descubrimentos literarios. E para seguir cultivando ese amor polos libros, repartimos o noso Pasaporte Lector, unha ferramenta divertida para animar ao alumnado a seguir lendo durante todo o ano.
Unha celebración chea de letras, risos e moita participación que demostra que a lectura segue moi viva entre nós. Porque como dicía Cervantes: “El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho.”