
O vindeiro luns, 1 de xuño, convidamos ás familias de 1º e 2º de ESO a celebrar connosco a derradeira Festa da Aprendizaxe. 1º de ESO trasladaranos á antiga Roma co seu proxecto “O legado de Augusto”. Vinde preparados para descubrir grandes segredos e múltiples sorpresas. 2º da ESO baixo o título “Que a forza te acompañe”, inspirada nun universo motivador e creativo, traballarán a forza desde diferentes perspectivas.
Esperámosvos a todos!
Category Archives: Noticias
Día das Familias.
Hoxe celebramos no noso centro o , unha xornada de encontro e convivencia na que participou o alumnado de Infantil e Primaria de Casa do Neno, así como o de Secundaria e Bacharelato do Seminario Menor, acompañado polas súas familias.
A celebración comezou cun momento moi especial: unha ofrenda á Virxe da Asunción, patroa do Seminario Menor, e a San Xosé, patrón de Casa do Neno, no que toda a comunidade educativa participou con respecto e ilusión.
Ao longo da xornada, non faltaron as actividades lúdicas: inchables, xogos, carreiras e diferentes propostas que fixeron gozar a pequenos e maiores. Houbo tamén tempo para compartir un agradable picnic en familia, favorecendo a convivencia e o encontro entre todos.
O bo tempo acompañou, aínda que a calor foi intensa, polo que a auga e os xogos refrescantes tiveron un papel protagonista, engadindo aínda máis diversión á xornada.
Sen dúbida, foi un día cheo de alegría, participación e momentos compartidos que reforzan os lazos da nosa comunidade educativa.
Sacramento da Confirmación.
Este domingo, 24 de maio, celebramos a Solemnidade de Pentecoste cunha solemne Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández. A celebración estivo marcada por un ambiente de fe, alegría e participación da comunidade educativa.
Durante a cerimonia, un grupo de mozos e mozas recibiu o sacramento da Confirmación, entre eles varios alumnos do noso Seminario Menor, dando así un paso importante no seu camiño cristián. Na súa homilía, o arcebispo animou aos presentes a “erguer a mirada” diante dos desafíos do mundo actual, convidando especialmente aos máis novos a vivir con esperanza, compromiso e confianza no Espírito Santo.
Foi unha xornada moi especial para toda a comunidade educativa e para as familias que acompañaron aos confirmandos neste día tan significativo.

