E o patio encheuse de familias dos alumnos de infantil, primaria e secundaria que compartiron xuntos castañas, chocolate e refrescos. Un día no que nos acompañou un sol marabilloso. Grazas ao profesor Iván que foi o noso asador oficial, as castañas estaban deliciosas. Non faltou a música , as risas e as ganas de estar xuntos, somos unha comunidade educativa á que lle gusta celebrar. Damos as grazas ás familias e aos profesores que colaboráchedes para que este día fóra tan especial.




















