A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25.
O prazo é do 1 ao 20 de marzo.
Para máis información dirixirse a secretaria@smasuncion.es ou a través da ventana RESERVA DE PRAZA da web do colexio.
A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2024-25.
O prazo é do 1 ao 20 de marzo.
Para máis información dirixirse a secretaria@smasuncion.es ou a través da ventana RESERVA DE PRAZA da web do colexio.
Hoxe celebramos a festividade do noso patrón , San Rosendo que foi unha das grandes figuras da Galicia do século X. Cun importante papel tamén a nivel político, foi bispo das dioceses de Mondoñedo e Iria Flavia . Con tal motivo, a comunidade educativa ven celebrando estes días numerosas actividades culturais, académicas e relixiosas.
Os alumnos tiveron unha acollida festiva con música e doces , concursaron nun xogo cultural e participaron na conferencia do profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago José Sixto García , co título de “Marketing de influencers”.


A celebración da Santa Misa presidida polo Arcebispo, Monseñor Francisco José Prieto na que tivo unhas preciosas palabras , e a comida de confraternidade puxeron o broche de ouro a unha gran semana de festa e convivencia. Agradecemos a toda a comunidade educativa, que se desviviu para que todo todo saíse ben, aos amigos e antigos alumnos que nos acompañaron, á Floristeria Xulián que nos facilitou a preciosa decoración e ós diferentes relatores que achegaron a súa experiencia e saber. Moitas grazas a todos.
Hoxe no día do deporte da Semana cultural, quixemos renderlle un merecido recoñecemento a un home, deportista e comunicador con máis de trinta anos de servizo e paixón pola súa profesión, Terio Carrera. Ao longo de máis de hora e media, departiu connosco multitude de anécdotas, momentos emocionantes e non tan gratificantes no exercicio da súa actividade.
Foron moitas as personalidades do mundo do deporte, a comunicación, a política e o entretemento os que se sumaron ao acto con mensaxes de agarimo e respecto.
O noso alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, escoitaron con atención as súas palabras sobre a cultura do esforzo, a dedicación e o amor a unha profesión na que se divirte como o primeiro día.
