Esta mañán tivemos unha salida a A Coruña, dentro das actividades da semana cultural, adicadas ao tema do noso proxecto “A arte de comunicar”.
A primeira parada foi na Fundación Santiago Fernández Latorre, onde visitamos as diferentes salas do proceso de elaboración dun xornal, redacción, preimpresión, control, impresión e peche, así coma o Museo. Finalmente rematamos a xornada cunha volta pola fermosa cidade, tomando como punto de partida a Praza de María Pita


Category Archives: Noticias
Segunda xornada da Semana cultural
No día de hoxe e dentro da programación da Semana Cultural, tivemos a sorte de contar no Seminario Menor da Asunción co profesor da Universidade de Vigo, L. Emilio Fernández, que nos ensinou a mellorar as nosas producións audiovisuais na conferencia titulada “Curtametraxes ao alcance da túa man”.
Recordounos que antes de comezar a gravar precisamos dunha narración plasmada nun guión, de aí que elementos como a lingua, a literatura ou a historia (setting) sexan de vital importancia. Tamén nos explicou a diferenza entre secuencias e escenas, e que as rodaxes non seguen unha liña temporal senón que se gravan primeiro as secuencias que teñen lugar nun mesmo escenario ou escena. Así mesmo, os distintos planos dependen da posición e o enfoque das cámaras.
O noso alumnado tivo a oportunidade de protagonizar un pequeno curto ao grito de “Silencio, por favor, estamos gravando!” e de aprender a montar as escenas ca ferramenta “Shotcut”. Seguro que das nosas aulas salirá algún Amenavar, Isabel Coixet ou Ibai Llanos!
Rosana Constenla.
Inauguración da Semana Cultural
Enmarcada no proxecto “A Arte de Comunicar” hoxe inauguramos no Seminario Menor da Asunción, a XI Semana Cultural.
Unha semana chea de actos e conferencias que o noso alumnado agarda con ilusión e que comezou ca conferencia “A Viaxe dun Festival Galego” a cargo de Luis Pazos e Fernando De Castro , responsábeis do “Rompetiño Jump Festival”, celebrado en Porto do Son.
A xornada continuou coa transmisión en directo dende o noso salón de actos do programa matinal da cadea COPE. Contamos ca honra de Paula Pájaro, que exerceu como madriña da nosa propia emisora, a través da que emitiremos podcasts redactados e gravados polos nosos rapaces e rapazas. Entrevistou en directo a representantes de distintos cursos que falaron sobre o “Clube de Crime dos Venres”, enmarcado no plan lector, ou a súa experiencia como actores do grupo de teatro.
Igual de interesante foi a conferencia da tarde “A comunicación dende o xornalismo ás novelas” a cargo da escritora e xornalista María Solar, gañadora de prestixiosos concursos literarios.
Un día intenso e distinto no que recalcamos a importancia da comunicación e dos distintos medios nas relacións sociais.




