Category Archives: Noticias
Activité menée par le Département de la langue française
Le jeudi 21/10 nous avons réalisé une activité en 1° de Bac. Le jeu consistait à déchiffrer des mots croisés de conjugaisons afin de découvrir le code du cadenas qui fermait une petite boîte. Ils ont donc dû conjuguer au présent, au passé composé, à l’imparfait et au futur. Chacun a eu 10 minutes pour remplir les mots croisés de manière individuelle et 10 autres minutes pour comparer leur travail avec un autre camarade (ils ont travaillé par groupe de 2 car il y avait en tout 6 feuilles de mots croisés différents pour 13 élèves). Les lycéens ont eu le droit d’utiliser une carte Joker pour appeler les professeurs et leur poser des questions.
Nous avons ensuite procédé à une correction commune des erreurs et ils ont pu, grâce à des codes couleurs, retrouver des lettres qui formaient un chiffre en français. Grâce à ces chiffres ils ont pu trouver le code du cadenas et ouvrir la boîte. Mais qu’est-ce qu’il y avait à l’intérieur?
O xoves 21/10 realizamos unha actividade na clase de 1° de BAC. O xogo consistía en descifrar uns encrucillados de conxugacións co fin de descubrir o código do cadeado que pechaba unha pequena caixa. Tiveron que conxugar ao presente, ao pasado composto, ao imperfecto e ao futuro. Cada un tivo 10 minutos para encher os encrucillados de forma individual e 10 outros minutos para comparar o seu traballo con outro compañeiro (traballaron por grupo de 2 porque había 6 follas de encrucillados diferentes para 13 alumnos). Os estudantes puideron utilizar unha carta comodín para chamar aos profesores e expoñer dubidas.
Procedemos logo a unha corrección común dos erros e puideron, grazas a códigos de cores, atopar letras que formaban números en francés. Grazas a estes números, atoparon o código do cadeado e abrir a caixa. Pero que había no interior desta caixa?
Departamento de L. Francesa
Coñecemos os polinomios dun xeito diferente
Ao longo da pasada semana, os alumnos de 3 da ESO estiveron traballando as operacións de polinomios con materiais manipulativos.
Somos conscientes das dificultades de traballar sobre a abstracción, e sobre todo con respecto á factorización, que é o que máis lles costa sobre o papel. Por iso, intentamos concretar ao máximo posible este tipo de operacións.
Deste xeito conseguimos facelo de forma rápida e precisa. E visto os resultados, tocará facelo noutras ocasións…
A seguir buscando novos métodos para facer as matemáticas máis accesibles para todos!!
Rosalía Negreira