Vinteseis xogadores do Clube Bádminton Seminario Menor, competirán este sábado dia 21 de febreiro, na terceira xornada do Xogade, desprazaránse ata o concello de Toques, co obxectivo de manter a boa racha de resultados acadados, nas xornadas de Boimorto e Trazo. Onde lideran 4 das 8 categorías en liza.
Tamén competirá este sábado no concello de As Neves, Sara Sanjurjo, no TTR da federación galega, proba puntuable para o campionato de España sub-17 que se celebrará en Granollers no mes de novembro.

Tamén cabe destacar, o histórico resultado do noso xogador do Clube Bádminton Santiago- Seminario Menor Rodrigo Sanjurjo, representando a selección nacional, que acadou o 5º posto no Campionato de Europa absoluto por equipos celebrado en Istambul, posto nunca antes acadado nesta categoría.


