Comezamos o tempo do Advento e do mesmo xeito que o Seminario Menor se vai transformando cos adornos típicos das festas de Nadal, os alumnos tamén empezaron a prepararse para vivir cristiamente o Nacemento do Fillo de Deus.
Nestes tres primeiros días de decembro, tiveron lugar as celebracións de Advento. Curso por curso, foron acercándose á Capela para decatarnos do que este tempo litúrxico significa, como o podemos celebrar e prepararnos para celebrar no Nadal. Coma nos di o Papa Francisco: “para poñernos en camiño para deixarnos atopar por Xesús” e deixar que Deus naza en nós e atope un lugar para quedarse.
Maranathá! Ven, Señor Xesús!
M. Jesús Formoso