Esta tarde os alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato asistimos a unha charla da ONG Mans Unidas a cargo de Dona María José Hernando Técnica de Estudos, quen nos falou das desigualdades, a necesidade de compartir e o compromiso entre outras cousas. A charla inscríbese nas actividades dos proxectos que veñen realizando neste segundo trimestre os alumnos de secundaria sobre os obxectivos de desenvolvemento sostible e o consumo responsable.