En relación co período das revolucións liberais e as guerras napoleónicas,estudados en 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a sorte de contar cun representante da asociación Recreadores de Galicia para desenvolver dinámicas en vivo sobre as peculiaridades dos conflitos bélicos da época.
A charla abarcou dende a composición dos exércitos e batallas que cambiaron o curso das guerras, ata os detalles mais técnicos de armamento e uniformación dos exércitos francés, inglés e español da época.
Actualmente o centro conta cunha pequena exposición dos traxes militares da época cedidos por Paio Piñeiro Aguín.