Coa festa de Cristo Rey e o final do ano litúrxico, clausuramos tamén o Ano da Fe proclamado por Benedicto XVI. Con este motivo, o Señor Arcebispo realizará unha simbólica peregrinaxe cos seminaristas maiores e menores dende o Monte do Gozo. Xa na catedral, participaremos no acto de clausura, na misa do Peregrino do sábado e na solemnidade do domingo, poñendo así ounto e final a un ano de gracia para a nosa Igrexa.