O día 24 de abril, no noso colexio tivemos a sorte de celebrar un Día do Libro moi especial; organizado polas librarías do barrio celebrouse a I Festa do Libro e da Cultura.
Contamos con contacontos para os máis pequenos, recital de poesía, concertos de música, ilustracións, lecturas compartidas, talleres de artesanía, teatro, danza e todo animado polos postos de artesanía , librarías e comida.
A asistencia foi excepcional; despois destes meses de illamento podemos constatar que necesitamos espazos coma este para volver a encontrarnos, para desfrutar con outros da música, dos libros e das artes que tanta compaña nos fixeron nos meses de corentena.
Foi tamén unha oportunidade para que o Seminario de Belvís abrira as súas portas para amosar a beleza do seu interior, dos seus museos e da súa capela.
O barrio de San Pedro é un barrio de xente creativa e acolledora e por iso queremos agradecerlles esta marabillosa iniciativa que esperamos volver a vivir o vindeiro mes de abril.
Yolanda Gómez