Como cada ano iniciamos o tempo de Advento e de Nadal no colexio, vivindo con intensidade o seu espírito. Así, no marco das celebracións programadas nestes días, inclúese a convocatoria deste concurso fotográfico que reflicta a evolución, o pasado, o presente, a vida cotiá do noso centro, ou calquera outro tema que poida suxerir unha visión persoal da celebración do Nadal.
Con motivo desta celebración, o Seminario Menor convoca un concurso de fotografía ao que invita a participar as alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato do noso centro e ás súas familias. Convócase un concurso de propostas fotográficas que mostren a transmisión dos modelos e valores do noso centro e a súa aplicación ante situacións críticas da nosa sociedade. Valorarase a creatividade, a técnica, e a orixinalidade das fotografías.
As propostas presentaranse, de acordo coas normas recollidas nesta convocatoria, ata o 8 de xaneiro de 2024.
Establécese unha única categoría e un só premio que consistirá nunha cámara fotográfica para o gañador/a do concurso.
PRESENTACIÓN DE TRABALLOS
Cada alumno/a ou familia, poderá enviar as fotos que queira, todas aquelas fotografías enviadas en prazo e que cumpran cos criterios esixidos, iranse publicando para que os usuarios de www.smasuncion.es poidan velas.
Os arquivos electrónicos remitiranse ao correo: concursofotografia@smasuncion.es
Os traballos presentados en ambos os formatos deberán incluír:
-CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
-Nome e correo electrónico da persoa de contacto.
-Nivel educativo e curso ou ano da promoción dos participantes.
-Nome e idade do autor/a. Título do traballo (opcional)
-Resumo de 10 liñas que explique a proposta presentada.

