Ao longo da pasada semana, os alumnos de 3 da ESO estiveron traballando as operacións de polinomios con materiais manipulativos.
Somos conscientes das dificultades de traballar sobre a abstracción, e sobre todo con respecto á factorización, que é o que máis lles costa sobre o papel. Por iso, intentamos concretar ao máximo posible este tipo de operacións.
Deste xeito conseguimos facelo de forma rápida e precisa. E visto os resultados, tocará facelo noutras ocasións…
A seguir buscando novos métodos para facer as matemáticas máis accesibles para todos!!
Rosalía Negreira