Moitas veces temos repetido dende este blog que o proceso educativo no que estamos inmersos abarca moito máis do estritamente académico (alo menos como o entendemos tradicionalmente) e que unha imaxe vale moito máis que mil palabras. Por iso, sinalamos dende aquí algunhas das actividades nas que os nosos alumnos veñen de participar nos últimos días.
En primeiro lugar, facémonos eco da visita dos alumnos de 1º de Bacharelato ao Castelo da Rocha, antiga fortaleza dos arcebispos de Santiago, nunha éoca na que éstes eran tamén señores feudais da cidade.
Despóis de todo un ano dedicado a afondar na figura de Santa Tareixa de Xesús, os alumnos internos participaron, no pasado xoves, na clausura do Ano Xubilar presidida polo noso arcebispo, neste caso, no Convento das Nais Carmelitas de Santiago.
E xa por último, os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron coa profesora de Educación Plástica unha exposición fotográfica de Arissa, que ao longo destes días se pode admirar no Centro Galego de Arte Contemporáneo.