O vindeiro sábado, 12 de decembro, proseguiremos coa nosa particular peregrinaxe a Santiago de Compostela. Farémolo nos comezos do Ano Xubilar da Misericordia, convocado recentemente polo noso Papa Francisco.
Será unha boa ocasión para rememorar o sentido penitencial desta experiencia e buscar as claves precisas para vivir do mellor xeito este Ano Santo extraordinario.
Verémonos, Deus mediante, ás 8:00 h. na portería do Seminario Menor para coller o autobús que nos levará ata Sarria. Dende alí, tras un tempo de oración e catequese, proseguirémola nosa marcha cara Portomarín.
Quenes desexen participar, non se esquezan de avisar enviando un correo electrónico a santiromero@smasuncion.es