O terceiro trimestre arranca con forza. Ademáis do transcurso ordinario das clases e ritmo propio do Seminario, este mércores, os alumnos de Economía participaron nun interesante encontro sobre o Vivero de Empresas organizado pola Cámara de Comercio de Santiago.
Por outra banda, divididos en dous grupos, tódolos alumnos puideron afondar un pouco máis no coñecemento da nosa historia a partires dun obradoiro realizado no propio centro pola Asociación Recreadores de Galicia.
Namentres, o Grupo de Teatro apura os últimos ensaios para una nova posta en escena de La Venganza de D. Mendo. Será na Residencia de Ancianos de san Marcos, ás 16:30 h. do xoves 5 de abril.
Este sábado tamén faremos una nova etapa do Camiño de Santiago: a comprendida entre os lugares de A Laxe e Dornelas. Sairemos do Seminario ás 9:00 h., sendo preciso inscribirse enviando un correo a santiromero@smasuncion.es
A semana que ven seguiremos con outra serie de conferencias e actividades que nos axuden a seguir abríndonos a educación interdisciplinar e ampliando a nosa educación académica e en valores.