Tódolos anos, en torno ao terceiro domingo de outubro, a Igrexa celebra a xornada do DOMUND, isto é, o Domingo Mundial de Oración polas Misións.
Co desexo de afondar un pouco máis esta realidade, o Seminario Menor ven de organizar unha serie de actividades destinadas a este fin dende una triple perspectiva:
-
-
Coñecer o traballo levado a cabo polos misioneiros espallados por todo o mundo. Para iso, o delegado diocesano de misións, d. David Álvarez, achegouse a compartir una xornada connosco e falarnos da súa experiencia en Perú. A ela sumaránse tamén outra serie de testimonios que poderemos escoitar estos días.
-
Orar polo froito de todo este traballo no que a pedra angular é o anuncio do Evanxeo. Para tal fin, durante estes días iniciarémo-las nosas clases coa oración propia desta xornada misioneira e pregaremos nas celebracións da Eucaristía.
Axudar económicamente a que toda esta laboura de tipo social promovida polos misioneiros poda seguir manténdose e fortalecéndose. Con tal motivo, cada un de nós aportará o que boamente poda nos sobres distribuidos ao longo destes días.