A semana pasada, dende as materias de Economía, Bioloxía e Física e Química, tivemos unha charla sobre Economía circular e Bioeconomía.
Dende unha explicación moi pegada a realidade de investigación galega, Luís Díaz explicou en que consistía a tan soada economía para o desenvolvemento sostible. Infinidade de exemplos indícannos que é un campo que vai abrir novas posibilidades nas relacións comerciais cunha maior conciencia das consecuencias da nosa acción sobre o medio ambiente. Tamén importantes saídas laborais que nin nos imaxinamos.
Enmarcada na oferta que se fai a colexios pola programación pensada de “Ciencia en Galego” mostramos todo o noso interese por estas boas iniciativas.
María Bandín