Onte os alumnos e alumnas de 2ºESO acompañados da súa titora, tiveron unha “fermosa e cultural” xornada de convivencia, na que puideron visitar a exposición de fotos de Tim Flach na sede de ABANCA.
TIM FLACH (Londres, 1956) quere promover a través da súa obra unha sociedade máis concienciada, formada e sensible coa necesidade de incorporar a sustentabilidade a todos os aspectos da nosa vida. «O noso futuro depende de iso», defende o fotógrafo.
Na súa dilatada traxectoria, Tim Flach traballou con entidades da talla do National Media Museum en Reino Unido, o Museo de Historia Natural de Suecia, National Geographic ou o xornal The New York Times. É membro honorario da Royal Photographic Society e recibiu o Premio Honorario Doutoramento da Universidade das Artes de Londres. Na actualidade é presidente da Asociación de Fotógrafos Británicos e Europeos (AOP).
Rematamos a xornada de convivencia cun chocolate con churros e un paseo pola fermosa cidade na que vivimos.







