Como cada curso, dentro das actividades de educación viaria do noso Centro, visitáronnos dous membros do Departamento de Seguridade Viaria da Policía Local do Concello de Santiago, que impartiron unha charla aos alumnos de 3º de secundaria e 1º de bacharelato.
Durante dúas horas de amena e didáctica exposición, alumnos e relatores disertaron sobre cuestións relativas á concienciación aos mozos en idade escolar da necesidade de coñecer e cumprir unhas normas de tráfico para previr os accidentes de circulación. Desenvolver na escola e nas familias hábitos de seguridade viaria e actitudes cívicas, adquirir actitudes positivas ante as normas de convivencia cidadá para a utilización das vías públicas ou fomentar na comunidade escolar actitudes de colaboración na súa condición de peóns e de condutores de bicicletas e ciclomotores.
Esta charla forma parte do programa de actividades de educación viaria que se veñen desenvolvendo durante varios anos no noso Centro en colaboración con institucións públicas e privadas en prevención e educación viaria.
Constantino Fuentes