Prezadas familias.
Dende as titorías de 1º,2º e 3º da ESO, queremos recordarlles que o vindeiro luns 27 de Maio terá lugar a festa de aprendizaxe coma broche final dos proxectos da 3ª avaliación.
Esperamos que na medida das súas posibilidades nos poidan acompañar.
– 2º e 3º da ESO comezarán ás 16:45, “Que a forza te acompañe”.
– 1º da ESO comezarán ás 17:00, “O encargo dos deuses”.
Coma sempre nos reuniremos na entrada principal.

