O Seminario Menor disponse a celebrar a festividade de S. Tomé de Aquino, fraile dominico do século XIII, patrono dos estudiantes de Teoloxía en particular e de toda a educación secundaria e universitaria en xeral.
Ás 10:30 h. celebrarémola Eucaristía na súa honra na Capela xeral do Seminario e, tralo descanso, ás 12:00 h. dará comezo o xa tradicional Concurso de S. Tomé. Nel, os distintos cursos enfrentaranse cunha serie de preguntas sobre un taboleiro virtual. As preguntas (150 por curso) agrúpanse en torno a cinco grandes áreas:
- Lingua e Literatura.
- Xeografía e Historia.
- Ciencia e Tecnoloxía.
- Filosofía e Relixión.
- Área temática, que este ano está adicada o cambio de século.
Xa pola tarde, no Seminario Maior, neste caso, haberá tamén una celebración eucarística ás 19:00 h. presidida por D. Leonardo Lemos, bispo de Ourense e antigo Director Técnico da nosa institución. A continuación, no Salón de actos do Instituto Teolóxico, pronunciará una conferencia en torno a figura do gran teólogo.
Coma sempre, estades todos invitados a participar tanto nos actos do Seminario Menor como nos do Maior.