É costume no noso Seminario que, chegado o mes de novembro, preguemos por tódolos nosos defuntos, de xeito especial por aqueles que contribuíron a edificación e sostén da nosa institución educativa.
Di o refrán que é de ben nacidos ser agradecidos; non podemos menos que agradecer a Deus o que foi o don da súa vida e esforzo para facer realidade o proxecto que intentamos vivir dende o Seminario. O tempo que agradecemos, tanto oramos polo seu eterno descanso.
Non podemos esquecer que o Seminario como tal é un so, aínda que se divida (pola súa propia idiosincrasia) en Maior e Menor. Esta é a razón pola cal un ano celebramos o funeral polo seu eterno descanso en San Martiño Pinario e outro en Belvís.
Nesta ocasión seremos nós os encargados de acoller na nosa capela xeral a tódolos que se acerquen para este fin. Convidamos dende aquí, de xeito especial, ás familias dos nosos alumnos a achegarse e pregar xuntos por aqueles que fixeron posible que os nosos alumnos podan estudar neste lugar.
Verémonos o vindeiro xoves, día 16, ás 16:45 h. Aproveitamos a ocasión para ter un pouquiño máis tarde, ás 18:00 h. O encontro da escola de familias e non pedirlles así que veñan dúas tardes seguidas.
Dálles Señor o descanso eterno, e brille para eles unha luz perpetua.

