Non che digo nada…
Pero ¡vaia!
Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa
tantos milagres vellos,
tan novas insinanza (…)
Un texto de Rosalía de Castro non o di todo, pero reflexa con triste romanticismo o ver marchar a quen se quere aínda sabendo que é para ben. Tampouco unha palabra pode resumir a gratitude desta comunidade educativa por dez anos de entrega a un proxecto educativo que medrou e se reforzou tamén coa túa contribución. Pero dalgunha maneira temos que dicir as cousas e aquí non se pode pensar noutra que non sexa GRAZAS. Grazas dona Begoña pola entrega xenerosa do teu tempo e bo facer durante máis de dez cursos nos que tivemos a sorte de contar contigo nesta comunidade educativa do Colexio Seminario Menor da Asunción. Ben sabes que entrar nesta familia é ficar para sempre, e para sempre contaremos contigo e sabes que podes contar con cada un dos que formamos parte deste proxecto. Que todo sexan éxitos no teu novo proxecto e…
que non che digo nada…
Pero ¡vaia!
Grazas. Moitas grazas por todo.
A. Recarey.