logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Inaugurado o Curso 2021-2022

Publicada en 20 de septiembre de 2021 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

“Transmitide unha experiencia de amizade (con Xesús) na misión educativa”. Con estas palabras, o Sr. Arcebispo animaba ao corpo docente do Seminario Menor na Misa coa que se inauguraba o novo curso educativo 2021-2022. 

Comezaba o día co recibimento dos alumnos que estes anos xa estudaron neste Centro e tamén aos novos que, neste curso, por vez primeira eran mozos e mozas. Despois de situarse nas respectivas clases, foron instruídos nas medidas contra a Covid-19, co rogo de que a responsabilidade individual sexa moi importante na loita contra a pandemia.

A media mañá, chegou o Sr. Arcebispo, que quixo estar presente nesta xornada histórica. Ademáis de presidir os actos solemnes do día (a Eucaristía e o Acto académico), mantivo un encontro co claustro de profesores, visitou ao persoal de servizo e falou cos alumnos e alumnas.

O Sr. Arcebispo animou á comunidade educativa a non agachar a identidade católica do Centro, a traballar unidos, a ser creativos e a formarse para poder axudar aos demais. Destacou a función dos formadores, pero tamén a necesidade de que toda a familia do Seminario Menor se involucre na Diocese. Animounos a educarnos en liberdade e en verdade, comprometéndonos todos neste obxectivo.

Despois da Eucaristía, na que pedimos a axuda do Espírito Santo, da Nosa Nai, a Virxe dos Dores e de San Rosendo, co-patron do Seminario , tivo lugar o acto académico, no que D. Santiago, xefe de estudos da ESO, dou a lección inaugural que versou sobre “O Apóstolo e a Urbe: Santiago e Compostela” e o Sr. Reitor animounos a coller azos para estes meses nos que ten que estar presente a “cultura do esforzo”.

Cos ánimos do noso Pastor diocesano, comezamos este novo curso que podemos dicir que é histórico polo paso dado. No horizonte, temos unha meta, na que ademais de acadar as mellores calificacións, tamén está: amar a Deus para coñecelo e dalo a coñecer.

Manuel Jesús Formoso

Tweet
« Reunión de pais no inicio de curso
Jorge Mira e Borja Tosar no Seminario Menor »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter