Os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron o mércores 22 de xaneiro os V LUDI COMPOSTELLANI, nos que se realizaron diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica organizados polo SEEC-Galicia, en colaboración co grupo de investigación “Estudos Clásicos e Medievais” da USC, e que tiveron lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
Entre as múltipes actividades programadas, os nosos alumnos participaron en diversos obradoiros e xogos, como o de danza grega, e entre os que se ofertaban ademáis, hixiene e cosmética, moda clásica, escritura latina e grega, etc. Tamén disfrutaron como espectadores, dun espectáculo de gladiadores a cargo de “Gallaecia Viva”, no Salón de Actos.
Esta xornada forma parte das actividades programadas polos departamentos de Latín, Grego, Historia e Filosofía polo fomento das Humanidades, o pensamento e a cultura clásicas entre o noso alumnado, e que forman parte do ideario e seña de identidade do noso Seminario dende a sua fundación.
Constantino Fuentes