
Esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO participaron no taller “Menores nin unha pinga” de FAS (Fundación Alcohol e Sociedade).
Chiara explicounos as razóns polas que os menores non deben beber alcohol, o circuito do alcohol no corpo, as consecuencias do abuso a curto e longo prazo, e os mitos sobre o alcohol.
A campaña ten como obxectivo previr o consumo de alcohol en menores desde unha perspectiva preventiva, positiva e educativa achegando razóns que evidencien por que o único consumo válido en menores é un consumo cero.
Yolanda Gómez.


