A Escola de Teatro do Seminario Menor sigue adiante cos seus ensaios semanais. E é que, aínda que non o pareza, o Nadal está a volta da esquina, e con el, o estreo da nosa obra de teatro.
Durante este curso a obra que estamos a preparar é Arsénico por compasión, unha divertida representación escrita por Joseph Kesselring e levada ao cine por Frank Capra.
Para continuar coa motivación e darnos varias pistas sobre o traballo no escenario, este mércores tivemos aa visita do coñecido actor galego Manquiña. Non só conseguiu una forte motivación, senón que tamén encheu de simpatía e nivel o traballo desta escola de teatro.
Dende aquí renovamos o noso agradecemento tanto a el coma a tantas persoas que fan posible este proxecto. Vaiámonos preparando…

