Nesta pasada semana os alumnos 4º participaron nunha actividade en liña do Museo do Mar de Galicia chamada Misión ecoinvestigador@s.
Esta misión é un xogo de preguntas pensado para facer na aula ou en calquera outro tipo de espazo educativo, co alumnado de secundaria.
A través da actividade, os rapaces pasarán a ser investigadores dos océanos e poderán aprender cales son as accións que estamos a levar a cabo os humanos e que poderían acabar con eles. Deste xeito, farán un breve percorrido pola contaminación mariña non só orixinada polos nosos residuos, senón tamén polos desastres nucleares e polas verteduras de cru, que tan ben coñecemos nas nosas costas.
Os alumnos poideron concienciarse na actividade das conscuencias da contaminación no medio mariño, e as repercusións na vida do home e do resto de seres vivos dos océanos. a participación foi moi animada e aprenderon que é o que debe e non debe facerse para manter os océanos limpos.
Fernando Berridi