Nestes días podemos afirmar que nos atopamos no pórtico da Gloria; e facémolo nun dobre sentido…
No pórtico da Gloria porque este domingo celebrabamos a última das festas do Ano litúrxico recoñecendo a Xesucristo coma Rei do Universo. Non so esta festa, xa que dentro de pouco comezaremos o tempo de Advento coma preparación do Nadal. Cristo, que é o noso Rei, o noso Redentor, coa súa Encarnación posibilitou que a Gloria de Deus se fixera presente na vida dos homes, e coa súa vinda definitiva fará que esta Gloria se manifeste dunha forma todavía máis plena.
Pero tamén nos fixemos físicamente presentes no pórtico da Gloria da nosa Catedral. Aberto ao público nos últimos meses, este venres tivemos a oportunidade de visitalo dunha forma privada e detida. Primeiro foron os alumnos de Arte os que, durante a mañá, coñeceron o románico que estudian nos libros. Houbo tempo para percorrer os recovecos, subir ás cubertas e contemplar o pórtico. Xa pola noite, chegou o turno de profesores e persoal de cociña.
O dito, estivemos na Gloria, pero isto é so o pórtico…

