Recordamos, a continuación, algúns datos básicos de interese:
– Data: Sábado 14 de outubro.
– Etapa: Campobecerros-Laza (15 Km.).
– Material necesario: Calzado cómodo e forte, roupa de abrigo e para cambiarse (se nos mollamos), chubasquero, botella de auga, comida de cada día…
– Saída: Dende o Seminario Menor de Santiago, ás 8:00
– Inscricións: Por correo electrónico, indicando nome e apelidos. Dirección: santiromero@smasuncion.es Sempre haberá correo de resposta para asegurar a inscrición. Ante calquera dúbida, poden escribir ao mesmo correo ou chamar ao 981 58 92 00.
– Prezo: Obviamente trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario que todos aportemos para dar resposta ás necesidades que temos, coma é o caso do autobús que nos levará e nos traerá cada día.
– Poden participar: Tódolos nosos alumnos (internos, externos e mediopensionistas), xunto coas súas familias, o profesorado e persoal do centro, así coma todos aqueles que se sintan vinculados ou desexen coñecer esta institución.

