logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Novo proxecto no Centro

Publicada en 27 de enero de 2022 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Dende o comezo do curso 2021-2022, no Seminario Menor estamos desenvolvendo un proxecto integral de mellora educativa baseado no modelo pedagóxico Rubik. A través dun completo proceso de formación pedagóxica, o equipo docente e directivo do  noso centro, vén recibindo periodicamente un completo plan de formación pedagóxica, centrado en estudar o proceso de aprendizaxe, nomeadamente no que se refire ao estudo por ámbitos.

Neste marco comezouse a semana pasada cun proxecto no nivel de 1º da ESO, adaptado a unha nova metodoloxía aplicada pola Fundación Trilema nos seus centros. A interdisciplinariedade metodolóxica permítenos coordinar as materias de Lingua Galega e Literatura, Lengua Española y Literatura, Xeografía e Historia, Educación Plástica e Visual e Educación Física nun mesmo ámbito temático e cun mesmo marco temporal, na procura de facilitar aos alumnos a aprendizaxe e a relación de conceptos. O tema escollido neste primeiro proxecto do ámbito sociolingüístico é Grecia, co suxerente título “O encargo dos deuses”.

A impartición de cada unha das distintas materias seguindo uns fíos comúns axuda a entender a transversalidade existente entre as materias do campo social e humanístico, o que facilita a comprensión do alumno e o desenvolvemento das súas capacidade de crítica, creación, redacción e comprensión.

O proxecto en si mesmo estrutúrase en catro fases, entre o 18 de xaneiro e o 18 de frebreiro, e permitirá ao docente observar o avance dos alumnos na consecución e mellora das diferentes competencias clave, así como a asimiliación de novos recursos didácticos que lles permitan acadar as súas metas de xeito máis efectivo.

Tweet
« Encontro sobre Educación Vial
Bulos, desinformación e acción »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter