Hoxe foi un día especial no Seminario Menor: comezo dos proxectos do primeiro trimestre!
1º da ESO comezou o día da man de Astérix e Obélix aproveitando a súa viaxe no tempo cara a civilización exipcia. Que sabemos dos faraóns? Existían os escravos na súa sociedade? Que albergaban as pirámides? Como era a súa escritura? Eran algunhas das preguntas que xurdían.
Por outra banda, no científico-técnico os alumnos de 2 ESO atopáronse no laboratorio coa barra “Coctelería Chemistry” cos máis burbulleantes e explosivos preparados, da man dos nosos barmans José e Martina. Temos que felicitar a este curso pola súa autonomía realizando as diferentes experiencias que tiñamos preparadas para eles.
A posta en común e as conclusións extraídas van ser moi útiles para profundizar nos contidos ao largo do proxecto.
Moito ánimo co traballo no porfolio!

