Doña Areceli fainos chegar a súa impresión das Xornadas de Escuelas que Aprenden, nas que acaba de participar.
“O longo das xornadas estivemos acompañados de grandes profesionales e formadores, da talla de Elsa Punset, Carmen Pellicer, Andreas Schleicher, Juan Carlos Cubeiro, Ainara Zubillaga, María Batet, Juan Manuel Moreno, Fernando Reimers, Francesc Guarians, Andrés Conde entre outros; descubremos que pódese aprender a ser feliz, conectando e celebrando, como profesionales da educación debemos coidarnos, para poder coidar os nosos alumnos, xa que é moi importante dar o que temos, non o que non temos, debemos ser conscientes das emocións e que vai da mano da razón na base de cada pensamento e as emocións contaxianse, de maneira que debemos contaxiar a felicidade e as ganas de aprender.
Debemos ter en conta que a tecnoloxía non o é todo, temos que saber distinguir a realidade para poder chegar a entendela, tal e como indica Andreas Schleicher: Moitos xóvenes convertiron o mundo dixital como a súa realidade, e xurde o problema de non reconocer o que é real e o que non, por outra banda, realizou un análisis sobre a productividade aplicada as clases, vertendo datos que indican que un gran volumen de clases ou traballo, non quere dicir que teña que ser máis productivo, a reducción das clases, sendo de maneira máis instructivas e efectivas, verdadeiramente serán productivas, así como un aprendizaxe máis duradeiro e profundo levarase a cabo se temos en conta as tres M, das que fala Carmen Pellicer, estas son: a memoria, a motivación e a metacognición, e se ademáis decidimos que se vai a facer, as estratexias que activen o pensamento, a autoevaluación e acompañamos o alumnado, sen olvidarnos que TODOS SON IMPORTANTES, non só os mellores, senón todos.”