Acollendo a petición que o Sr. Arcebispo facía a Diocese de que hoxe tiveramos un recordo orante por todos aqueles que estiveron ou están afectados pola pandemia, a comunidade do Seminario Menor xuntouse na Capela Xeral a primeira hora da mañá para facer un rato de oración.
Partindo do texto da Carta de Santiago, resoaron os versos de Rosalía de Castro e fragmentos da homilía do Papa Francisco na tarde do 27 de marzo de 2020. Rematouse coa oración que escribiu o Sr. Arcebispo ao comezo desta crise sanitaria.
Puxemos diante de Deus a todas as persoas afectadas, pregamos polos defuntos, demos grazas por aqueles que en tantos eidos nos están a coidar, e “descargamos en Deus toda as nosas inquietudes, porque sabemos que El nos coida” (Cf. 1P 5,7).
Director Espiritual