Éxitosa Feira de Nadal
Na pasada fin de semana, o Seminario Menor acollía por segundo ano consecutivo unha Feira de Nadal na que participaron distintas asociacións e artesáns.
Algo máis de 40 postos cunha gran variedade de productos e distintas actividades serviron de reclamo para que centos de persoas se achegaran ata a Belvís e puideran coñecer por dentro este magno edificio que nos acolle.
Uns días de convivencia e compartir no que tamén houbo espazo para experiencias solidarias e achega de premios, algúns dos cales nos tocaron de cerca.
Damos grazas aos alumnos de 4º ESO, que estiveron preocupados de endulzar a xornada con chocolate e biscoito; tamén aos alumnos da EFA de Arzúa que se desviviron por facer os contactos e a difusión, e a cantos, a título persoal ou institucional, fixeron posible a celebración desta feira.