Os alumnos de 1º ESO acaban de embarcarse nun novo proxecto para coñecer mellor o noso planeta.
Dende as distintas actividades que se propoñen para traballar na Titoría tamén nos quixemos sumar a esta iniciativa. Deixámosvos as impresións que nos comparte Violeta sobre o seu traballo na clase:
“Nas últimas clases con D. Santiago estivemos falando dun horto escolar e dalgúns consellos para facelo:
- O terreno escollido debe de ter mínimo de 6 horas de sol.
- O chan debe estar ben drenado.
- A terra non se pisa.
- Canto máis grandes as macetas, mellor.
- O compostero.
- O semilleiro.
- Non amontonar as prantas.
- Regar ben as prantas.
- Coidado coas plagas e os insecticidas.
Despois mandounos buscar que plantas se poderían prantar no mes de novembro e no mes de febreiro, tanto hortalizas coma flores.
O mércores 9 fumos a aula de Tecnoloxía, a onde acababan de levar unhas macetas con prantas xa bastante secas. Entón comezamos a quitalas e prantamos unhas novas. Había violas, labanda, tomillo e ciclamen.
O primeiro que fixemos tras quitar as raíces das prantas secas foi remover un pouquiño a terra para que non estivese moi dura. Tamén fixemos uns buratos onde iamos poñer as novas. Cando xa puxemos as novas prantas, comezamos con outros maceteiros, que despois levamos para decorar un dos patios interiores do Seminario, a onde dan algunhas das aulas de desdobre.
Pareceume unha actividade moi divertida e, polo que nos dixo o profesor, volveremos a traballar deste xeito, pero agora con hortalizas.”