No día de hoxe e dentro da programación da Semana Cultural, tivemos a sorte de contar no Seminario Menor da Asunción co profesor da Universidade de Vigo, L. Emilio Fernández, que nos ensinou a mellorar as nosas producións audiovisuais na conferencia titulada “Curtametraxes ao alcance da túa man”.
Recordounos que antes de comezar a gravar precisamos dunha narración plasmada nun guión, de aí que elementos como a lingua, a literatura ou a historia (setting) sexan de vital importancia. Tamén nos explicou a diferenza entre secuencias e escenas, e que as rodaxes non seguen unha liña temporal senón que se gravan primeiro as secuencias que teñen lugar nun mesmo escenario ou escena. Así mesmo, os distintos planos dependen da posición e o enfoque das cámaras.
O noso alumnado tivo a oportunidade de protagonizar un pequeno curto ao grito de “Silencio, por favor, estamos gravando!” e de aprender a montar as escenas ca ferramenta “Shotcut”. Seguro que das nosas aulas salirá algún Amenavar, Isabel Coixet ou Ibai Llanos!
Rosana Constenla.