O mércores 9 de decembro deu comezo Galiciencia. A maior feira científica que se celebra en Galicia e que nace no ano 2006 cun triple obxectivo: potenciar a divulgación da ciencia, desenrolar o espiritu innovador nos seus participantes e promover vocacións científicas.
Os nosos alumnos conectáronse en varias ocasións o longo destes tres días de feira.
O primeiro día os rapaces de 2º ESO e 3º ESO escoitaron unha charla sobre Intelixencia Artificial e Big Data vendo novas aplicacións onde a IA xoga o seu papel recoñecendo e valorando voces, ideando rostros…
“O que máis me gustou foi coñecer aplicacións como a que mira se nos hackearon a conta” Íker Jones García.
O xoves e o venres por grupos participaron tódolos alumnos de ciencia do centro nun obradoiro de Cociña Molecular. Esteban Suárez cóntanos a súa experiencia:
O pasado venres 11 de decembro participamos de forma telemática no obradoiro de cociña molecular.
A química e a cociña sempre estiveron relacionadas pero non foi ata fai un par de décadas que a un cociñeiro chamado Ferrán Adrià se lle ocorreu contratar a químicos para traballar con él, e descubriron que un polisacárido coñecido como alxinato cando entra en contacto co calcio forma unha especie de boliñas. Grazas a este pequeno descubrimento ocorréuselles fabricar con eso comida.
Para recrear isto cociñamos unha especie de caviar caseiro utilizando os seguintes ingredientes: agar-agar, alxinato, auga, iogur e zume ou coca-cola; tamén utilizamos unha batidora e un par de recipientes. Mezclamos o zume/coca-cola con alxinato, tamén mezclamos auga con cloruro de calcio, despois collemos pequenas cantidades da primeira mezcla e sumerxímola na segunda para que se cree unha fina capa sólida ó redor do zume líquido, imitanto a textura dun caviar; antes de provalo lavámolo en auga para eliminar o exceso de cloruro e evitar así que teña un sabor salgado.
O obradoiro foi bastante interesante xa que nos mostrou a cercanía que hai entre a cociña e a química.
Moitas grazas aos organizadores de Galiciencia que sempre son un aliciente para encher as nosas clases de contenidos prácticos. Tamén agradecemos a implicación dos nosos alumnos que con tanto interese, notábase no bullicio, abordaron a proposta.