Dentro do Proxecto do 1º Trimestre titulado “Así se empezou” os Departamentos de Xª e Historia e Francés, deseñaron unha actividade de iniciación á arqueoloxía en colaboración coa profesora Andrea Cores, licenciada en Historia e con ampla experiencia en escavacións arqueolóxicas.
O alumnado de 1º de ESO aprendeu nun taller preparado ad hoc, as técnicas de catalogación, traballo de campo, datación, etc… relacionados coa tarefa do arqueólogo. Aprenderon a importancia da conservación e protección do patrimonio, así como o traballo colaborativo.
Grazas Andrea pola túa axuda.