Na pasada semana, un grupo de alumnos participou na Viaxe-Peregrinación a Roma organizada polo Centro. Ao non ser posible organizalo antes pola situación COVID, uníronse os grupos de 4º ESO e 1º BACH, acompañados dalgúns adultos relacionados coa nosa institución.
Foron días para coñecer o berce da nosa cultura, pero tamén para afondar algo máis na nosa fe a través do testemuño dos mártires e dos apóstolos. Tal e coma nos recordaba o Sr. Reitor, cada monumento fálanos dunha historia gloriosa de tempos pasados e presentes, de xente que, apoiada na súa fe, fixo grandes cousas.
Con esta conciencia visitamos as grandes basílicas, as catacumbas, as prazas, o Coliseo e os foros, os barrios de Roma e os seus parques… Ata houbo tempo para disfrutar dunha tarde de praia e estar moi preto do Papa durante a súa audiencia dos mércores.
Damos grazas a Deus por esta experiencia e tamén pola boa disposición do grupo, que fixeron posible unha das mellores viaxes dos últimos anos. Confiamos en que sexan moitas máis, para seguir facendo comunidade neste noso Seminario Menor.