Xa estamos metidos de cheo no tempo do Advento. Dentro de poucos días chegarán as festas do Nadal. Sabemos que a nosa preparación debe de ser fundamentalmente interior, pero tamén os signos externos poden axudar a recordar o que estamos a piques de celebrar. É por iso que a nosa casa está a ser engalanada entre todos: as coroas de advento, as árbores, os misterios e beléns, os murais, a obra de teatro, o concurso de panxoliñas… Na sección de fotografías podes atopar un pequeno adianto.