Estes días os alumnos e alumnas de 2º da ESO participaron nas probas de diagnóstico Avalía, nas que se valora a competencia matemática e as competencias en comunicación lingüística en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira Inglés. Felicitamos aos alumnos e alumnas polo esforzo realizado.