Na identidade do Seminario está a constante renovación nas metodoloxías dende a fidelidade ao ideario e ao ambiente familiar que nos caracteriza.
Con tal motivo, arrancabamos o curso escolar coñecendo, xunto ao Colexio Diocesano San Lorenzo – Seminario Menor de Lugo distintos proxectos que se están levando a cabo noutros centros de Galicia e do resto de España. Unha desas propostas partía da metodolxía Trilema.
Para coñecela un pouco máis de preto, comezamos unha formación xunto con profesores doutros centros; entre eles, o colexio de primaria Casa do Neno. Ademáis destas xornadas formativas que abarcarán todo o curso escolar, parte do equipo directivo e dos profesores desprazouse estes días ata Soria, para coñecer sobre o terreo o seu alcance e implicacións.
Seguiremos concretando e facéndovos partícipes dos nosos pasos!