Na vida do Seminario é esencial a oración coma medio para ter presente e relacionarnos con Deus cada día. Nese sentido, a parte da máis intensa vida de oración que se vive na comunidade de internos, tódolos nosos alumnos comezan as súas clases cunha pequena oración, bendícese a Deus e dáselle gracias polo alimento, temos as nosas celebracións ao longo do curso, etc.
Dentro deste transcurrir do curso escolar, hai algún momentos un pouco máis fortes. Tal é o caso da Exposición prolongada do Santísimo, dende as 8:30 ata as 17:30 deste xoves. Ao longo da xornada, distribuidos por turnos, todos teremos tempo de estar rezando e pasando un rato de intimidade co Amigo que nunca falla.
Tamén este xoves, coma ven sendo habitual tódolos anos, os seminarios Maior e Menor xuntarémonos no Funeral de Benfeitores para orar por todos aqueles que fixeron e fan posible esta realidade educativa que ofertamos. Será ás 20:00 h. na Capela do Seminario Maior. Invitamos dende aquí a tódolos que o desexen a sumarse a esta celebración.