O inmenso edificio que nos acolle é un dos grandes descoñecidos da cidade de Santiago. Ese é o motivo polo cal, dende o Seminario Menor, facemos todo o posible para dar a coñecer o noso patrimonio por medio de visitas guiadas.
Fai uns días abriamos as nosas portas á Semana do Patrimonio Invisible, pero ao longo do ano son moitos os que se achegan en pequenos grupos para percorrer estas instalacións.
Xa vos podedes imaxinar que, nun espazo tan grande coma este, as obras forman parte do noso día a día. Normalmente son obras de mantenemento, pero que nos sirven de excusa para renovar os distintos espazos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns dos espazos renovados este verán: aseos, laboratorio, orientación e algún dos corredores.

